CONTAXIARTE


OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS
Este verán volve Contaxiarte a Lugo!!! 

Un achegamento interdisciplinar ao mundo das artes escénicas: teatro de actor, clown, movemento expresivo, monicreques, teatro de sombras, escritura creativa, expresión plástica…
O neno ou nena adquirirá as ferramentas que lle permitirán crear realidades sen precisar de xoguetes- obxecto.
Dun xeito lúdico, estará coñecendo o seu propio corpo, probando novas formas de comunicación, descubrindo ós outros e respectando o seu traballo, deixando voar a súa imaxinación para crear personaxes, ambientes e historias.
Idades de 5 a 10 anos
MÁIS INFORMACIÓN 
 glup.glupteatro@gmail.com 
hipocritaeatro@gmail.com
Tlfno: 677 974 775 (Carlos) // 635 852 267 (Elea)